Arquivo da categoría: Sen clasificar

Axúdame a expresarme! Obradoiro sobre a pedagoxía Montessori

 

O xoves 27 de abril, ás 18h, no Multiúsos da Xunqueira, Sara Penas (Rachachán) ofrecerá un obradoiro, incluído no proxecto Apego, sobre a pedagoxía Montessori. Esta consiste nun método educativo innovador que aposta pola autonomía da crianza, dende a comprensión e relación pai/nai-fillo/filla, para facilitar o desenvolvemento das capacidades intelectuais, sociais e físicas.

O prazo de inscrición está aberto até o martes 25. Pódese realizar a reserva en normalizacion@redondela.es ou no teléfono 986 400 300, preguntando polo Servizo de Normalización Lingüística.

Acto central de homenaxe a Rosalía de Castro en Redondela

Hoxe, 2 de marzo, data que coincide coa celebración do Banquete de Conxo en 1856, Redondela celebrará o acto central de homenaxe e reivindicación de Rosalía de Castro.

O acto comezará ás 11:30 cunha recepción oficial, por parte de Alcaldía, do presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira.

Ás 12:00, no Salón de Plenos do Concello de Redondela, participarán a Concelleira de Cultura, escolares do IES Illa de San Simón (que recitarán poemas rosalianos), o presidente da Fundación Rosalía de Castro e o Alcalde. Por último, o canto do himno galego pechará o acto.

Velaquí as ligazóns á rolda de prensa de onte:

http://redondela.tv/5395/redondela-homenaxea-a-rosalia/

http://www.radioredondela.com/articulo.php?id=7208