Arquivo da categoría: Sen clasificar

Inauguración da exposición Airiños, Aires, Rosalía

O pasado luns 2 de outubro inaugurámo-la exposición fotográfica “Airiños, Aires, Rosalía”, do prestixioso profesional Xurxo Lobato.

No acton acompañounos o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, que fixo unha ligazón entre Redondela e Padrón por medio de Rosalía.

Despois das demais palabras (técnico do SNL, concelleira de cultura e Alcalde), o fotógrafo Xurxo Lobato fixo unha visita didáctica e guiada da propia exposición.

EXPOSICION DE AIRIÑOS AIRES ROSALIA EN MULTIUSOS DE REDONDELA

Esta exposición será o marco ideal para desenvolver unha serie de actividades de normalización lingüística nas cales participarán alumnado das escolas públicas de Redondela, os clubes de lectura, as persoas participantes no Obradoiro Internacional de Tradución Poética e visitas guiadas ó público xeral.

Estará aberta, no Multiúsos da Xunqueira, dende o 2 até o 31 de outubro.

2 de outubro. Inauguración da exposición Airiños, Aires, Rosalía

AIRIÑOS AIRES Rosalía, de Xurxo Lobato

Logo de pasar por tódalas cidades galegas xerando interese , chega por primeira vez a unha vila. Medio cento de fotografías para coñece-la traxectoria vital e cultural de Rosalía de Castro.

A inauguración será o vindeiro luns 2 de outubro ás 20h, no Multiúsos da Xunqueira, e contará coa presenza de Xurxo Lobato, Anxo Angueira (presidente de Fundación Rosalía de Castro) e o Alcalde de Redondela.

Ademais disto, o SNL de Redondela tamén ofrece unha serie de actividades a desenvolver dentro da sala de exposicións: teatro infantil (venres día 6), música, recitados, conferencias…

Proxección de cine en galego

O vindeiro 18 de agosto proxectarase un dos éxitos do cinema infantil: Maimiño. Unha produción galego-cubana que bateu as marcas da billeteira dos cinemas de Cuba.

Un filme en galego, para adultos e crianzas, que será do voso agrado.

A pantalla, de grandes dimensións, colocarase na Alameda de Redondela, á beira da estatua de Castelao.