CAMPAÑAS DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Colaboración semanal na sección “O Fol da Lingua” en Radio Redondela (94.9 FM) que se emite todos os luns ás 11:45 horas. Neste espazo os contidos lingüísticos mestúranse coa historia de Redondela, os seus costumes, as súas tradicións e a toponimia local.


Co obxectivo de fomentar o uso e a normalización da lingua galega e, asemade, potenciar a creación e a participación da mocidade no ámbito das novas tecnoloxías da información (TIC), o SNL e a Asocaición de Empresarios de Rendodela organizou un concurso de blogs destinado a mozos e mzoas de 12 a 18 anos.

Portada_Reblogdela_2010Ademais da temática do concurso, que varia cada edición, este pretende achegar a lingua galega ás novas tecnoloxías, aplicando así numerosas ferramentas da informática Internet, á vez que empregan o galego como lingua vehicular e de comunicación na rede.
Na primeira edición,  os participantes foron obsequiados cun pen drive, aos segundos clasificados entregaránselles dous MP4, e ao gañador un ordenador portátil de última xeración.


O obxectivo desta acción conxunta foi levar a cabo unha promoción da lingua galega a través dun dos sectores máis dinámicos e con máis repercusión social da actividade empresarial: a hostalaría.

Para conseguir este fin achéganse recursos novidosos para estimular a utilización da lingua galega como lingua preferente nas relacións cos clientes, na oferta de servizos e produtos, e na súa publicidade

Deste xeito a lingua galega estará presente na hostalaría redondelá como un sinal de identidade e de orgullo do propio, pero tamén co agradecemento a toda a xente que usa os seus servizos.

Así mesmo, o Servizo de Normalización Lingüística está ao seu dispor para corrixir e redactar a publicidade, páxinas web, folletos informativos, cartas, menús e todos os carteis ou indicadores do local.


Con esta campaña preténdeuse achegar a lingua galega ao ámbito deportivo, un contorno onde non sempre se utiliza a nosa lingua propia malia que unha parte moi importante dos deportistas téñena como lingua habitual.

A campaña final.Xoga.Versión2comezou no mes de outubro do 2011 coa convocatoria dun concurso de carteis que serviron de soporte publicitario da mesma, e que foron distribuídos xuntamente cuns trípticos divulgativos de léxico relacionado coa actividade deportiva, unhas viseiras e uns bolsos porta zapatillas co mesmo reclamo.

Deste xeito, esta desenvolveuse ó longo de todo o ano e o obxectivo foi que o  deporte redondelán “falase galego”, é dicir, que a nosa lingua estivera presente nas entradas, carteis, megafonía, regulamentos, estatutos, páxinas web e blogs de cada entidade, e que utilicen a lingua galega como preferente, para que os hábitos saudables da poboación incidan tamén na saúde da nosa lingua propia.


A Asociación de Empresarios de Redondela, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística municipal e Radio Redondela, promoveu a celebración do DÍA DA NAI no comercio redondelán e o uso da nosa lingua.

Esta actuación Adhesivoforma parte da campaña de promoción da lingua galega e do comercio local O NOSO VENDE!, iniciada no mes de decembro de 2011 co concurso de galeguización de escaparates, e que se desenvolverá con diferentes propostas ao longo de 2012.

O obxectivo desta campaña de promoción da lingua galega na actividade comercial local consistiu en sensibilizar o sector e as persoas usuarias do mesmo sobre a necesidade de traballar en galego como un sinal de distinción e promoción do comercio local, que serve tamén para reivindicar a nosa cultura e a nosa lingua como sinais de identidade.


  • Apego (2015-actualidade).

Trátase dun proxecto colaborativo desenvolvido por doce concellos (A Baña, Carballo, Carnota, Ferrol, Narón, Negreira, Ourense, Pontevedra, Redondela, Rois, Santiago de Compostela e Vigo), a travéROLLER REDONDELA APEGOs dos seus servizos de normalización lingüística, cuxo obxectivo principal é implicar as familias na valoración positiva da lingua propia, incrementar a porcentaxe de nenos e nenas que adquiren o galego como lingua inicial e promover que o usen de maneira habitual.

Esta proposta quere ser unha aventura conxunta de amor, arraigo, lingua, orgullo, identidade… que nace ante a preocupante situación da adquisición, socialización e uso do galego nas idades máis temperás.

Apego é afección, inclinación ou amor por algo ou alguén. Apego é vínculo, sintonía e empatía. O apego é necesario para o desenvolvemento social e emocional, e tamén é fundamental para a lingua.