Alameda Rosalía de Castro

O pasado 25 de xaneiro o Pleno do Concello de Redondela aprobou por unanimidade denomina-la alameda de Chapela como Alameda Rosalía de Castro.

A iniciativa xurdiu dende o SNL, órgano dependente de Alcaldía, e respondeu á necesidade de homenaxear nun lugar público a unha das figuras máis senlleiras da cultura e da historia galegas.

Prevese que en xullo deste mesmo 2018 se instale unha escultura dedicada  a Rosalía de Castro e se realice algunha outra intervención na zona.