Axúdame a expresarme! Obradoiro sobre a pedagoxía Montessori

O martes 13 de xuño, ás 18:30 h, no Campo da Petanca, Sara Penas ofrecerá un obradoiro, incluído no proxecto Apego, sobre a pedagoxía Montessori. Esta consiste nun método educativo innovador que aposta pola autonomía da crianza, dende a comprensión e relación pai/nai-fillo/filla, para facilitar o desenvolvemento das capacidades intelectuais, sociais e físicas.

A actividade é de balde, aberta a todo o mundo e sen necesidade de inscrición previa.