LIBROS QUE SE VEN E QUE SE LEN

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Redondela potencia unha campaña a prol da presenza do libro galego e en galego no cotián da veciñanza. Unha actividade que procura visualiza-la presenza da literatura (poesía, ensaio, teatro, prosa, infantil…) no día a día das persoas e animalas á lectura. Porque quen le, sabe máis.

Esta iniciativa, baixo o título “Libros que se ven, libros que se len” e se desenvolverá entre o 8 e o 28 de maio, sitúa os libros nos escaparates dos comercios de Redondela grazas á colaboración da Asociación de Empresarios de Redondela e dos propios comerciantes.

Por outra parte, o SNL de Redondela agradécelle á Editorial Galaxia e a Edicións Xerais de Galicia a súa xenerosa participación logo de emprestarnos de libros de todo tipo.

Por último, esta iniciativa encaixa detro do programa de actividades que tanto o SNL como a Concellería de Cultura organizan para o mes de maio co gallo da celebración das Letras Galegas.

Animamos a tódolos comerciantes a participar.