FÍOS DO QUERER, OBRADOIRO-CONCERTO DE MÚSICA INFANTIL

O Servizo de Normalización Lingüística organiza unha nova actividade dentro do programa APEGO, destinado á xente máis miúda da casa: FÍOS DO QUERER.

Trátase dun obradoiro-concerto que chega da man de César Freiría (Cé orquestra pantasma) con cancións para meniños e meniñas de 0 a 3 anos e para gozar en familia.

Haberá dúas sesións:

  • 24 de abril, ás 12:00 h, na Sociedade Labrego Cultural de Reboreda.

  • 15 de maio, ás 18:00 h, no Centro Cultural de Cesantes.

A actividade é de balde pero cómpre inscrición previa, que deberá formalizarse en normalizacion@redondela.es ou no teléfono 986 400 106.

Sin título-1

FIOS DO QUERER é o título do libro-CD que dá nome ao proxecto e que contén 24 temas entre os que se atopan “que ricos os bicos”, “palmiñas” ou “de festa”, que se poden escoitar tamén na páxina da editora Miudiño S.Coop. Galega.

“Tecendo coas agullas máxicas do amor, dos bicos, aloumiños e fermosas primeiras experiencias compartidas e celebradas foi medrando FÍOS DO QUERER, resultando envoltorio agarimoso para xogar, cantar e bailar cos nenos de colo”.