ENGURRAS, última proxección do ciclo VERSIÓN ORIXINAL

A última proxección do ciclo de cinema en galego, VERSIÓN ORIXINAL, celebrouse o pasado sábado, 9 de marzo.

O filme ENGURRAS, foi o encargado de pechar o ciclo, que tivo moi boa acollida entre a veciñanza, e que anima a seguir promovendo aínda máis o cinema feito no país e na nosa lingua.

Na última proxección do ciclo distribuíronse unhas enquisas para que as persoas espectadoras fixeran a súa valoración, e preto do 50% das asistentes fixeron a súa avaliación. Estes foron os resultados:

Moitas grazas a todas as persoas por participar e asistir a este ciclo.

Suspendidos os cursos CELGA en Redondela

Os cursos de lingua galega CELGA 2 (en Redondela) e CELGA 4 (en Chapela), solicitados por este SNL á Secretaría Xeral de Política Lingüística,  quedaron sen adxudicación, segundo a resolución publicada pola xefatura territorial.

Por este motivo as persoas pre-inscritas nos mesmos non poderán facelos en Redondela.

Para buscar outras alternativas pódese consultar a páxina da SXPL onde aparecen os cursos programados.

 

 

VILAMOR en Redondela

 O filme VILAMOR, continúa este sábado o ciclo de cinema en galego, VERSIÓN ORIXINAL.

A proxección farase o sábado, 2 de marzo, ás 20.00 h, no Auditorio da Xunqueira. O prezo das entradas é 3 €.

Dirixida por Ignacio Vilar, Vilamor foi rodada en Galicia e en galego, e estreouse en Ourense o 17 de maio de 2012. Na súa andaina xa colleitou o recoñecemento dentro e de fóra de Galicia (Cannes, Nova York, Xakarta…).

A película está recomendada para maiores de 12 anos.