Mil festas máis para a lingua galega

A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística promove, unha vez máis, a campaña MIL FESTAS MÁIS PARA A LNGUA GALEGA.

O obxectivo desta iniciativa é promover unhas festas INNOVADORAS, PARTICIPATIVAS E GALEGUIZADAS, nas que conflúan a nosa cultura e a nosa lingua como recursos básicos das celebracións.

Para iso promoven unha serie de propostas que incidan na valoración dos nosos sinais de identidade, a cultura que nos é propia e nos identifica como pobo, e eviten a súa marxinación. Unha das achegas é a homenaxe a Prudencio Romo, fundador de Los Tamara, grupo musical pioneiro na década dos 60 en facer música lixeira e popular en galego.

Dende este SNL animamos a todas as comisións de festas e asociacións veciñais e culturais a que organicen e reivindiquen nas súas celebracións a promoción da nosa cultura e a nosa lingua.

Pódese consultar o manifesto premendo na imaxe.