Abertos ao galego, recomendacións de agasallos para o Nadal

A Mesa pola normalización lingüística publicou este ano un catálogo con recomendacións de agasallos para o Nadal en lingua galega. Camisolas, banda deseñada, decoración, libros, música e outras moitas propostas pódense atopar neste folleto.
Leva o mesmo nome que  a rede de empresas comprometidas coa lingua promovida desde A Mesa, ABERTOS AO GALEGO, e ao mesmo tempo que difunde algunhas recomendacións de agasallos en galego para este Nadal, mostra tamén o traballo que fan as empresas participantes nesta iniciativa.
Este proxecto conta actualmente con máis de 60 empresas de ámbitos moi diferentes, e neste catálogo inclúense propostas de comerciantes e fabricantes que destacan polo uso do galego na súa actividade empresarial.
Xa non hai escusa para non agasallar en galego!
Podes ver as propostas premendo na imaxe.