Vento que zoa, música clásica galega

O Consello da Cultura Galega vén de publicar unha nova web para difundir a música galega: Vento que zoa é un proxecto de divulgación dixital da música clásica galega, na que xa se poden consultar as biografías, a música e as relacións visuais de seis destacados compositores galegos do pasado e do presente. Cada músico preséntase asociado a un artista plástico galego co que comparte sensibilidades e coincidencias históricas.

O proxecto irase completando para podermos ter un recurso en rede e en galego da música e dos compositores galegos máis sobranceiros.