Termos esenciais do dereito penal

Un novo traballo lexicográfico vén dar luz ás dúbidas da nosa lingua sobre os termos do dereito.

A Área de Terminoloxía do Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da USC publicou un novo traballo lexicográfico,  da autoría do profesor de dereito penal da USC, Miguel Abel, e o responsable da Área de Terminoloxía do SNL, Xusto Rodríguez.

Trátase do traballo lexicográfico máis amplo sobre esta disciplina do dereito, no que o  Código Penal é  a fonte principal dos conceptos xurídicos presentados,  e que introduce tamén as novas figuras delitousas incorporadas na reforma do código español do 22 de xuño de 2010.

Os conceptos preséntanse en versión bilingüe, e para facilitar a consulta diferéncianse dúas partes: unha cun corpus de entradas bilingües numerado e ordenado segundo o nome galego,  e un índice alfabético de denominacións castelás.
Pódese descargar nesta ligazón:  TERMOS ESENCIAIS DO DEREITO PENAL