24 de febreiro, día de Rosalía

Tal día coma hoxe, pero en 1837, naceu Rosalía de Castro, a nosa máis grande poetisa.

A mellor forma  de facer que siga viva entre nós é ler a súa obra e continuar a espallala polo mundo. Así que, aínda que todos os días son bos para nos mergullar nas súas composicións, hoxe cómpre dedicarlle especialmente o noso espazo e o noso tempo.

Aproveitamos o traballo feito pola biblioteca do IES San Paio (Tui), lembrando a Rosalía (nai da lingua) e a conmemoración do día da lingua materna.

E tamén os recursos que nos achega a biblioteca do CEIP Alexandre Bóveda, de Chapela.